lunes, 29 de diciembre de 2008

Partido Adestradores-Xogadores


O domingo 28 de decembro celebrouse no campo de Fútbol da Tasca por segundo ano consecutivo o partido entre adestradores-pais contra xogadores.
O partido estuvo arbitrado por Anxo (Primeira parte) e Santi (segunda parte) e auxiliados nas bandas por Rubén Maneiro e José Sobrido


No equipo dos xogadores: Ana, María, David, Crash, Angel, Micha, Viturro, Ricardo, Cristian, Fernando, Dani, Xulio, Baamonde, Sicho, Dani Mariño, Pablo, Carla, Simón, Manuel, Alberte, Manu Cadaval e Iago Rivas. Os adestradores foron Irene e Aguado.


No equipo dos adestradores: José Manuel, Antonio Gude, Jorge, Leo, Manso, Vilas, Juanvi, Alejandra, Blanco, Ventura, Luis, José Antonio, Miguel, Alberto, Joni, Juan, Mini, Antonio, Pulgui, Juan e Antonio Pensado. Os adestradores foron Matilde e Luciano












viernes, 19 de diciembre de 2008

Horarios e resultados

20 e 21 de decembro

Benxamín

10:45 X. Aguiño - Nebra 2-0
11:15 Sálvora - X. Aguiño 7-0

Alevín

9:30 X. Aguiño B - Carreira 6-6
10:00 Xuño - X. Aguiño 3-5

Infantil

12:15 X. Aguiño - Noia 9-0
12:15 Porto do Son - X. Aguiño B 4-1

Cadete

11:00 (domingo) X. Aguiño B - Cordeiro 1-3
11:30 (domingo) Areosa - X. Aguiño 5-1

Xuvenil

16:00 X.Aguiño-At. Melide 5-0
18:00 X.Aguiño B - Unión 8-2

3ª Rexional

16:00 Palmeira - X. Aguiño 0-2


jueves, 4 de diciembre de 2008

Horarios e resultados

Sábado 6 de decembro

9:30 (Alevín) X. Aguiño-Palmeira 3-1
10:00 (Alevín) At. Oleiros-X. Aguiño B 3-11
10:45 (Benxamín)X. Aguiño B-Carreira 2-0
11:15 (Benxamín)At. Ribeira-X. Aguiño 1-9
12:15 (Liga Galega infantil) X. Aguiño-Santiago de Compostela 1-5
16:00 (Liga Galega Xuvenil) X. Aguiño-Imperator 5-2
16:00 (Xuvenil) At.Ribeira-X. Aguiño 1-1
16:30 (División Honra Cadete) Pabellón-X. Aguiño 4-0

Domingo 7 de Decembro

10:00 (Cadete) X. Aguiño B-Villestro 2-2
12:00 (Feminino) Crocha-X. Aguiño 2-5
16:00 (Afeccionado) Caamaño-X. Aguiño 0-3

Luns 8 de Decembro

16:15 (Infantil) X. Aguiño B-Nebra 6-1

viernes, 14 de noviembre de 2008

Partidos e resultados

Sábado 15 de Novembro

9:30 (Alevín) X. Aguiño B-At. Ribeira B 10-1
10:15 (Liga Galega Infantil) Conxo-X. Aguiño4-3
10:45 (Benxamín) X. Aguiño B-X. Aguiño 12-0
11:00 (Prebenxamin) X. Aguiño- Abanqueiro B 7-1
12:15 (Xuvenil) X. Aguiño B-Noia 1-1
12:15 (Infantil) At. Oleiros-X. Aguiño B 8-2
16:15 (Division Honra Cadete) X.Aguiño- Rápido de Bouzas 0-3
18:00 (Prebenxamin) Boiro-X. Aguiño B 15-1
19:30 (Liga Galega Xuvenil) Santiago Compostela-X. Aguiño 1-1

Domingo 16 de Novembro

10:00 (Cadete) Nicrariense-X. Aguiño B 4-2
16:00 (3ª Autonómica) X. Aguiño-Xuño 2-1

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Xuventú Aguiño B de Categoría Cadete

Moreno, Dario, Santi, Cristian, Ander, Adrián, Iago, Brais e Andrés
Matilde, Borja, Moncho, Carlos, Donato e Blanco

domingo, 2 de noviembre de 2008

Resultados e horarios

SABADO 1 DE NOVEMBRO

11:15 (BENXAMIN) AT OLEIROS-X AGUIÑO 3-3
10:45 (BENXAMIN) X AGUIÑO B-AT RIBEIRA B 6-0
10:00 (ALEVIN) AT. OLEIROS-X AGUIÑO 0-6
10:00 (ALEVIN)X AGUIÑO B-ARTES 1-6
12:00 (LIGA GALEGA XUVENIL) LUGO B-X AGUIÑO 1-1
16:00(DIVISION HONRA CADETE) X AGUIÑO-VICTORIA 2-4
17:40(XUVENIL) X AGUIÑO B- LESENDE 3-2

DOMINGO 2 DE NOVEMBRO

12:30 (FEMININO) CIUDAD SANTIAGO- X AGUIÑO 2-1
12:30 (CADETE) LA SALLE-X AGUIÑO 3-1
16:30 (AFECCIONADO) X AGUIÑO- NEBRA 9-0

sábado, 11 de octubre de 2008

Partidos fin de semana


SABADO, 11 DE OUTUBRO


9:30 (AUT. ALEVIN) XUVENTU AGUIÑO B - CARREIRA B 17-2
10:00 (AUT. ALEVIN) AT RIBEIRA B - XUVENTU AGUIÑO 0-11
11:15 (AUT.BENXAMIN) PORTO DO SON - XUVENTU AGUIÑO 3-2
12:30 (AUT.BENXAMIN ) XUVENTU AGUIÑO B - NEBRA 8-0
11:00 (GALEGA INFANTIL) XUVENTU AGUIÑO - BERGANTIÑOS 2-2
16:00 (GALEGA XUVENIL) XUVENTU AGUIÑO - MONTERROSO 3-0
18:00 (DIV. HONRA CADETE) PONTEVEDRA - XUVENTU AGUIÑO 2-0
18:00 (2ª XUVENIL) XUVENTU AGUIÑO B - ABANQUEIRO 6-0

DOMINGO, 12 DE OUTUBRO

11:00 (1ª CADETE) CALO - XUVENTU AGUIÑO B 7-2
12:00 (2ª INFANTIL) AT RIBEIRA - XUVENTU AGUIÑO B 1-4
16:30 (AUT. FEMININO) PORTOSIN -XUVENTU AGUIÑO 3-6
18:00 (3ª REXIONAL) XUVENTU AGUIÑO - PUEBLA 0-1

martes, 24 de junio de 2008

Tempada dorada

Coa conquista da segunda Copa do Sar na categoría cadete, a entidade de A Tasca puxo o broche de ouro a un ano repleto de éxitos deportivos.



Os prognósticos daban favorito ao Xuventú Aguiño B para a final de ala Copa do Sar da categoría cadete, na que defendía o título conquistado o pasado curso ante ao Calo (4-4) na quenda de penaltis fronte a outro equipo da área de Barbanza: o Lesende, que chegaba por vez primeira na súa historia ao último chanzo do torneo. E o elenco que adestra Fran Sieira non defraudou aos prognosticadores: impúxose por 2-0 ao cadro de Lousame, dous tantos que materializou na primeira parte por mediación de Anxo (min 10) e Iago (min 39).

Coa obtención deste galardón, o segundo consecutivo, o colectivo de A Tasca puxo o broche de ouro á que se considera a tempada máis repleta de éxitos deportivos de toda a súa historia. Nesta mesma categoría, este ano o equipo que dirixe Juanvi logrou un fito sen precedentes en Barbanza: alcanzar a División de Honor.

Permanencia
O mesmo conxunto de Fran Sieira amarrou a permanencia en a Primeira Autonómica (competición que depende da delegación compostelana de fútbol), o conxunto infantil, que dirixía Miguel Iglesias, tamén se desempeñou con soltura na liga galega, na que tamén milita o Noia.
A estes sobresaíntes logros dun club modesto pero que aposta decididamente polo fútbol de base, hai que sumar o título ligueiro e o ascenso á galega do cadro xuvenil, que dirixe Leandro. Nesta mesma categoría, a entidade que preside José Manuel Vilas conta tamén cunha Copa do Sar.
O único lunar desta campaña para o colectivo de A Tasca foi o descenso do equipo feminino de o que facía xa tres cursos que se viña mascando.

Estupenda campaña
Pero tamén é de destacar a estupenda campaña do outro finalista. Da man de Néstor Romero, o Lesende gañou con autoridade o campionato regular comarcal e deu o salto por vez primeira na súa historia a a Primeiro Autonómica, categoría na que volverá cruzarse o curso que vén co elenco aguiñense. E por vez primeira tamén chegou á final de , que se librou o sábado en Santa Isabel, ante uns 200 espectadores -a maioría de Lousame-. O técnico utilizou estes futbolistas: os metas Álex e Ramón, Carlos, Xullo, Xandre, Brais García, Brais, Sergio, Oliver, Borja, Trillo, Jesús, Foqui, Jorge, Adrián e Chicho.

Fran Sieira, pola súa banda, puxo en liza a Juan, Crujeiras, Jiti, Iago, Mario, José Ángel, Denis, Viturro, Adrián, Anxo e Dani. Tamén xogaron Rubén, Saviola, Ander e Pardavila.
Os aguiñenses impuxeron a súa superioridade nunha primeira parte na que os lesendistas se mostraron moi nerviosos, o que propiciou un total control dos aguiñenses, que sentenciaron un tanto afastado e outro xusto antes do descanso. Na reanudación, os lousamianos intentárono pero non puideron

domingo, 22 de junio de 2008

O Xuventú Aguiño gaña a Copa do Sar Cadete






Por segundo ano consecutivo o equipo cadete B da S.D. Xuventú Aguiño acadou o título de Campión da Copa do Sar.
No partido disputado no día de onte no Campo de Fútbol de Santa Isabel, o Aguiño derrotou o Lesende por 2-0, con goles de Angel, no minuto 11, e de Iago, no minuto 39, de cabeza a saque dun corner.

Xuventú Aguiño: Juan, Crujeiras, Jiti, Iago, Mario, José Angel, Denis, Viturro, Pulgui, Dani, Angel, Alberto, Chile, Ruben, Ander, Savi, Santi e Martín.

viernes, 20 de junio de 2008

Os Infantiles do Xuventú Aguiño gañan a Copa do Concello


O sábado 7 de xuño disputouse a final da Copa Concello de Ribeira de categoría Infantil no campo de Fútbol da Fieiteira, de céspede artificial, entre os equipos S.D. Xuventú Aguiño A e o Atlético Oleiros.
O Aguiño acadou o titulo gañando por un resultado de 6-0, con goles de Chopi (2), Gabri, Jesús, Dani e Angel.
Xuventu Aguiño A: Moreno, Borja, David, Agus, Alexis, Jesús, Chopi, Angel, Gabri, Dani e Alex.
(Non puderon xogar a final Andrés, Andorra e Miguel por enfermidade e Santi por asuntos familiares)

jueves, 19 de junio de 2008

Trofeo de Riveira

A Copa Concello de Riveira viviu o pasado domingo dúas finais nas competicións de fútbol base. Na categoría de xuvenís, o Xuventú Aguiño A impúxose ao Atlético Oleiros (2-1), nun partido no que Álvaro adiantou aos de A Trinidade, dende o punto de penalti. Adrián e Cras asinaron a remontada aguiñense.

Os xogadores de ambos os dous clubs tamén disputaron o encontro decisivo de cadetes. Neste apartado, o dominio dos de A Tasca foi incontestable. Impuxéronse por un rotundo 3-0, con tantos que materializaron Pulgui, Martís e Mario. Malia o mal tempo, unhas 150 persoas citáronse en A Fieiteira.

miércoles, 18 de junio de 2008

Loita polo Campionato da Copa do Sar de Cadetes




Xuventú Aguiño B e Lesende pelexarán polo entorchado o sábado en Santiago.

O campión da Copa do Sar cadete será da zona, pois a final a protagonizarán o Xuventú Aguiño B e o Lesende. Tal como estaba previsto, os dous elencos superaron ao Ortoño e ao Calo nos dous envites das semifinais, respectivamente. O partido decisivo celebrarase o próximo sábado en Santiago e xogarase no campo de Santa Isabel, a partir das sete da tarde.

O cadro aguiñense, que tiña unha vantaxe de 4-2 da ida, non deu nin a máis mínima opción ao seu opoñente no recinto de A Tasca, ante uns 100 espectadores, onde despediu ao Ortoño cun set (6-0). Antes do descanso, José Ángel, Viturro (2) e Anxo sentenciaron a eliminatoria. Despois, Viturro e Rubén completaron a goleada. Xuventude Aguiño: Chile; Crujeiras (Ander, min 50), Iago, Mario, Jiti, José Ángel, Dani, Anxo (Rubén, min 55), Adrián, Pardavila (Santi, min 60) e Viturro.

Dirixiu o partido Martínez Millán (delegación de Boiro). Sen ningún problema

viernes, 6 de junio de 2008

Os alevins -Campeóns da Copa Sálvora-

fútbol sete


O Xuventú Aguiño levantou ao Copa Sálvora na categoría alevín. O colectivo de A Tasca venceu ao Noia na final por un contundente 4-1. Os aguiñenses chegaron ao último chanzo do torneo tras endosar ao Palmeira un set (6-0). O cadro noiés superou ao Atlético Oleiros (2-1). Por parte aguiñense, con Chiste como técnico, xogaron Fran, Diego, Gus,Antonio, Óscar, Marcos, Mariño, Arturo, Álex, Dani e Alberto.




Na categoría benxamín, o La Salle derrotou ao Poboa por 6-3. Os pueblistas arrastraron ao Atlético Oleiros en semis (6-1), serie na que o elenco de Santiago gañou ao Sálvora por un axustado 2-1.


Poboa, Oleiros e Sálvora dominaron os tres grupos da menor das divisións, mentres Esteirana, Palmeira e Abanqueiro o fixeron na outra.


Con respecto á categoría prebenxamín, a selección de Boiro pasou por enriba da de Santa Uxía (10-2).


Concello de Ribeira
A xornada benxamín do torneo Concello de Ribeira saldouse con estes resultados: Sálvora 4, Xuventú Aguiño A 1; Aguiño B 5, Artes 0.


Clasificación:


Sálvora 27. Aguiño A 21. Atlético Oleiros 14. Aguiño B 11. Artes B 9. Carreira 8. Artes A 3.
Alevín: Palmeira 4, Aguiño A 3; Aguiño B 8, Artes A 3; Carreira 0, Oleiros 4. Clasificación: Carreira 27. Aguiño A 25. Atlético Oleiros 21. Xuventude Aguiño B 18. Artes B 14. Artes A 11. Palmeira 9. Carreira B 1.


Durante esta fin de semana disputarase no campo de A Charca (Abanqueiro) o torneo interprovincial, no que participarán 32 conxuntos, 16 da categoría benxamín e outros tantos da alevín, que competirán divididos en catro grupos.

miércoles, 4 de junio de 2008

Entrevista a Leandro (Entrenador dos Xuvenís)

Entrevista



Leandro blanco Ruiz - Adestrador dos Xuvenís

Tras permanecer ata 1998 como xogador do Xuventú Aguiño, ao que estivo unida toda a súa vida futbolística, salvo unha tempada no Atlético Oleiros, Leandro Blanco Ruiz (Aguiño, 1979) leva xa oito campañas exercendo de técnico de A Tasca. E o domingo colgouse o segundo ascenso da súa traxectoria. Se antes fora co elenco sénior (2003/04), agora é co conxunto xuvenil, categoría á que leva unido dende fai varios cursos, salvo ao inicio do anterior, no que volveu para substituír a Julio.

-O ascenso á liga galega xuvenil era o reto que se propuxera ao comezo da tempada, ¿non é así?

Efectivamente. Esa era a meta que nos propuxeramos. Ademais, de paso, fixémonos co título da liga zonal, o primeiro na historia do club, aínda que non era un paso obrigado para participar na fase de ascenso.

-¿Vai vostede a continuar á fronte do equipo?

Aínda non o sei. Teño que pensalo. Gustaríame seguir, pero vou ter problemas de tempo polo meu traballo. A liga galega esixe máis dedicación e un maior emprego de tempo porque os desprazamentos son bastante máis longos. Todo está por decidir.

-¿Como quedará o equipo para afrontar a nova categoría?

Só pasarán de idade Suso, José Ángel e Axel. Os demais continuarán todos. E a eles uniranse a maioría dos xogadores do equipo cadete. Así a situación, penso que contaremos cun equipo competitivo para manter a categoría sen problemas».

Ascenso dos Xuvenís a Liga Galega

Os de A Tasca confirmaron o ascenso tras empatar no campo do Eirís (1-1)


Tras conseguir un empate no segundo asalto da rolda de oitavos que disputou contra o Eirís no campo Leyma (1-1), o Xuventú Aguiño, que gañara en A Tasca (1-0), confirmou o ascenso á liga galega de fútbol xuvenil, categoría na que acompañará a próxima tempada ao Boiro.



Xuventude Aguiño:

David; Torres, José Ángel Parada (Joni, min 65), Miguel, Toño (Adrián Araújo, min 84), Diego, Micha, Axel (José Ángel, min 75), Aarón (Fernando, min 47), Adrián e Pozas.

Uns vinte afeccionados viaxaron co colectivo aguiñense ata o campo coruñés de Leyma. E, aínda que ao final estalaron de alegría, pasárono bastante mal durante o partido. O primeiro susto levárono aos cinco minutos, cando os anfitrions transformaron o penalti co árbitro penalizou os visitantes. Dende aí ata cumprirse a media hora, xusto cando Aarón aproveitou un pase de Adrián para, dende o vértice da área, mandar o balón á escuadra contraria, houbo igualdade e oportunidades para ambos os dous conxuntos.

Mudou o rumbo do encontro tras o intermedio. O conxunto barbanzano optou por defender con uñas e dentes o resultado. Os anfitrions lanzáronse entón ao ataque. E fabricaron dúas boas ocasións para marcar, pero faltoulles acerto na definición. En cambio, os barbanzanos non tiveron chegada.

Outros resultados
Ademais dos aguiñenses, tamén colleron o tren do ascenso o Galicia Caranza, que superou ao Brexo Lema (4-1 e 1-1); o Lugo B, que se impuxo ao Atlético Melide (1-0 e 5-0), e o Monterroso, que gañou ao Calo (2-0 e 1-0).

Ao contrario que en tempadas anteriores, este curso a Federación Galega decidiu que os equipos clasificados non sigan competindo para dilucidar o título da comunidade.

O ascenso dos xuvenís completa unha tempada redonda para a entidade que preside José Manuel Vilas Álvarez, que, xa con anterioridade, conseguira o ascenso á División de Honra co conxunto cadete.

Así pois, a bisbarra contará a próxima tempada con dous representantes no grupo norte da galega xuvenil, categoría na que o Boiro conseguiu a permanencia con notable soltura, malia que tivo unha actuación bastante irregular nalgunhas fases do curso.

viernes, 30 de mayo de 2008

Acordo da Federación Galega de Fútbol (28-05-08)

FEDERACIÓN GALEGA DE FUTBOL

Acordos adoptados polo Subcomite Regional de Competición de F.A e Xuvenil en reunión ordinaria celebrada o día 28-05-08.




FASE FINAL JUVENIL

Vistas as alegacións formuladas polo S.D. Xuventu Aguiño a segunda amonestación mostrada o xogador DIEGO FERNÁNDEZ VENTOSO, e comprobada a proba videografíca aportada por este clube, acordase:

Estimar as alegacións e deixar sin efecto a segunda amonestación mostrada o xogador DIEGO FERNÁNDEZ VENTOSO, ao mostrarse nitidamente que o xogador golpea o balón e non o contrario, na xogada obxecto da amonestación (Art. 77).

jueves, 29 de mayo de 2008

Entrevista (José Manuel Vilas Álvarez)

José Manuel Vilas Álvarez Presidente do Xuventú Aguiño

«Queremos ser un referente do fútbol base para toda la comarca»

O máximo dirixente realiza un balance da tempada máis brillante dun club ao que leva vinculado case toda a súa vida, 18 anos ao frente da nave de A Tasca

Leva toda unha vida vinculado ao Xuventú Aguiño. Seguidor do club dende neno, exerceu de xogador, adestrador e tamén colaborou nos traballos de construción do antigo campo de A Tasca: José Manuel Vilas Álvarez (Aguiño, 1960), que, ademais de ser un dos socios máis antigos, leva 18 anos como presidente da nave aguiñense, unha cifra que con toda seguridade constitúe unha marca na bisbarra da Barbanza e posiblemente fóra.

-Nas dúas últimas tempadas anunciara a súa intención en deixar o cargo, ¿este ano tamén o quere facer?

-Imos ver. Un relevo non viría mal. Pero este ano en principio non está previsto que se celebren eleccións á presidencia. Así pois, non estamos na mesma tesitura. Non obstante, a situación podería cambiar se no transcurso da asemblea de socios, alguén formula a cuestión de tomar o relevo. Entón, teriamos que abrir un proceso electoral.

-¿Pensa que existe tal posibilidade?

Non o sei. Pero de non ser así, espero que sigamos todos.

-¿Refírese a que pode marchar algún directivo?

Non o sei. Gustaríame que ninguén se fose, porque atopar un directivo é moi difícil.

-A teor dos resultados, parece que viviu a súa tempada máis exitosa, ¿como a valora vostede?

Como moi positiva, moi favorable para a entidade. Especialmente na categoría cadete, na que, aínda que non o esperabamos, logramos o ascenso á División de Honra. Isto é un mérito tremendo. Afrontaremos a próxima tempada coa máxima ilusión e o reto de manter a categoría. Con respecto aos xuvenís, a meta era alcanzar a liga galega, e estamos a un paso de logralo, aínda que temos baixas e lesións que minguan o potencial do equipo. En infantís, continuamos na competición galega.

-Hai unha mancha neste panorama tan brillante, ¿non?

Dilo polo descenso do equipo feminino, ¿non? En efecto. Pero isto víase vir. Dende que nos marcharon tres xogadoras para o Zaragoza, nunca máis volvemos atopar o equilibrio. Levabamos tres anos ao bordo do descenso.

-¿Terán o curso próximo máis apertos presupostarios?

Se seguimos contando co patrocinio da empresa Conresa como tivemos ata agora, creo que non teremos ningún problema. Ademais, os desprazamentos da División de Honra cadete non son máis longos que os da galega. E gastaremos menos co equipo feminino, o futuro da cal teremos que analizar e decidir.

-Entre os temas que lle preocupan, ¿cal poría en primeiro lugar?

Os gastos arbitrais. Nós quixésemos que se unificase o recibo ou cota. Por exemplo, cando o equipo feminino viaxaba a Ávila, o recibo era de 35 euros. En cambio, aquí, a nós saíanos por 156. É unha diferenza abismal. Isto mesmo pasa coas demais categorías.

-¿o seu proxecto xa está cumprido ou aínda lle falta algo?

Case. Fáltanos o ascenso dos xuvenís. Nós queremos ser un referente do fútbol base para toda a bisbarra. Neste sentido, estamos abertos a todos os rapaces e, aínda que sempre hai reticencias, tamén a todos os clubs. Ao respecto disto, quero, dende aquí, dar as grazas a todos os adestradores que traballan baixo a coordinación de Anxo Vidal.

-Parece que ten algunha novidade sobre o campo, ¿non é así?

Así é. O alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, acábamo de anunciar. A Deputación financiará o cambio de céspede, que se substituirá por outro de última xeración durante o verán

miércoles, 21 de mayo de 2008

A liga galega xuvenil máis preto

Os de Leandro xogarán contra o Eirís de A Coruña o ascenso directo

Ten o Xuventú Aguiño a liga galega xuvenil máis preto. O equipo de Leandro clasificouse para a segunda rolda da promoción tras derrotar por un rotundo 3-0 ao Esteirana no segundo asalto da primeira (1-1, ida).

Esteirana: Ramón; Fran, Carlos, Roi (Óscar, min 65), Simón, Jano, Suízo, Uro (Andel, min 50), Pesco, Álex (Vidal, min 85) e Alberto.
Xuventú Aguiño: David (Juan, min 90); Torres (Joni, min 54), José Ángel Parada, Toño (José Ángel, min 65), Jorge, Micha, Diego, Pozas (Mini, min 80), Fernando (Aarón, min 59), Axel e Adrián.
Goles: 0-1, min 44: Adrián, tras rexeitar o meta Ramón unha falta lateral que botou Diego; 0-2, min 60: Diego, de remate raso moi afastado; 0-3, min 65: Aarón, tras un pase en profundidade e cruzar o balón ao outro lado do cancerbero local.
Incidencias: Partido de volta da primeira eliminatoria da fase de ascenso á liga galega xuvenil. Celebrouse no campo de A Salina, con boa entrada de afeccionados.

Aínda que no arranque do choque o Esteirana tivo o mando e gozou de tres boas oportunidades para abrir o marcador (especialmente un lanzamento que bateu nun poste), despois, e sobre todo ao regresar do recreo, o Xuventú Aguiño impuxo a súa maior calidade, o cal se traduciu no marcador cun claro 0-3. No tramo final do encontro, o cadro aguiñense defendeu con acerto a súa vantaxe malia que sufriu dúas expulsións: Jorge (min 70) e Adrián (min 85), ambos os dous por dobre amoestación.

O sábado, o elenco de Leandro recibirá a visita do Eirís. O conxunto de A Coruña vén de apear do torneo ao Nicrariense (2-1 e 2-2). O primeiro asalto da serie, da que o gañador dará o salto á categoría superior, celebrarase no campo de A Tasca, a partir das 18.00.

Outros resultados
Os outros resultados da primeira rolda foron estes: (4-0) Galicia Caranza-Laracha, 2-0; (1-3) Pol-Brexo Lema, 2-2; (6-1) Atlético Melide-Baio, 5-1; (1-0) Lugo B-Orillamar, 4-0; (0-3) Narón-Calo, 2-0; (2-2) Monterroso-San Marcos, 4-0.

Os emparellamentos de oitavos son: Galicia Caranza-Brexo Lema, Atlético Melide-Lugo B, Calo-Monterroso e Xuventú Aguiño-Eirís.

Como xa é coñecido, os gañadores subirán directamente e os perdedores loitarán entre eles polas outras dúas prazas habilitadas

jueves, 15 de mayo de 2008

Entrevista - Juan Vicente Cameán -

Entrevista

Un home «enganchado» o fútbol e tamén ao balonmano

Juan Vicente Cameán, técnico do Aguiño

Aínda que solo conte con 27 anos, Juan Vicente Cameán Parada (Ribeira, 1981) xa é un técnico experimentado. Enganchado ao mundo do fútbol dende neno, pronto asumiu a responsabilidade de dirixir equipos de categorías inferiores. Así, antes de facerse cargo dos cadetes do Xuventude Aguiño, ao que levou ata a División de Honra, un mérito que ninguén antes conquistara na área barbanzana, Juanvi dirixira aos infantís e cadetes do Carreira, os infantís do Palmeira e ao Oleiros, dende benxamins ata xuvenís.
Coñecía o sabor do triunfo. O ano anterior, ao leme do navío cadete B levou tres trofeos para as vitrinas da entidade que preside José Manuel Vilas: gañou a liga barbanzana, a Copa do Concello de Ribeira e a Copa do Sar. Pero admite que ningún deses tres galardóns lle produciu tanta alegría e satisfacción como conducir o seu equipo á División de Honra.
Conta con todos os pronunciamentos para continuar manexando os fíos técnicos do colectivo de A Tasca para o esixente curso próximo, «no que pretendemos armar un equipo para defender a permanencia nunha categoría de moito nivel e totalmente nova para nós».
O ascenso é tamén a culminación dunha grande tarefa de base na que o club aguiñense se envorcou e na cal logrou implicar un bo número de novos e entusiastas adestradores.
Juanvi é tamén xogador do elenco sénior de A Tasca. Pero ademais da súa enorme paixón polo balompié, ten outra querencia talvez menos coñecida: a súa afección ao balonmán. El formaba parte do grupo que chegou ata a menor das divisións nacionais. E aínda este ano xogou no Grupo Deportivo Ribeira: «Para o próximo curso teño pensado deixar esta actividade

Ascenso dos Cadetes a División de Honra cadete

O Aguiño, primeiro equipo de Barbanza que sobe á División de Honra cadete








Barbanza contará a próxima campaña cun representante na División de Honra da categoría cadete: o Xuventú Aguiño. O colectivo de A Tasca marcou un fito histórico no ámbito do balompé barbanzano, onde ata agora ninguén conseguira unha xesta semellante.


O equipo que dirixiu este curso Juan Vicente Cameán logrou o salto á categoría galega da man de Anxo Vidal, quen tamén estivera á fronte do mesmo grupo na competición infantil.
Durante todo o campionato o colectivo de Juanvi estivo na pelexa dos que aspiraban a acomodarse no vagón que marchaba detrás do máximo aspirante ao título: o Deportivo B.
Finalmente, na última xornada, cando endosou ao Cidade de Santiago un contundente 6-1 confirmou o seu ansiado ascenso.


Os xogadores que dunha ou outra forman protagonizaron a fazaña foron: os metas: Juan e Chile, os defensas Manu, Martin, Miguel, Mario, Iago, Luis e Diego; os medios Roberto, José Ángel, Martís, Cascallar, Pulgui, Dani e Andrea Carid, e os dianteiros Piru, Jorge, Luis, Teken, Saviola e Dani.


Denis Cascallar foi o máximo realizador.

martes, 13 de mayo de 2008

O Xuventú Aguiño xogase en campo do Val do Ulla a súa continuidade na Liga Nacional femenina

O Xuventú Aguiño xogase en campo do Val do Ulla a súa continuidade na Liga Nacional feminina

A Liga Nacional de fútbol feminino bota o peche. Á última xornada chega o Xuventú Aguiño sen amarrar a permanencia. O elenco de Andrés Monteagudo xoga hoxe (12.00 horas) a súa continuidade na competición no feudo dun Val do Ulla que tamén se atopa na mesma tesitura. As ribeirenses contabilizan un punto máis que os seus opoñentes (19-18).
Aínda que sabe que un empate, como na primeira volta (2-2), sería suficiente para eludir o descenso, o adestrador das aguiñenses destacou que sairán a gañar: «Queremos os tres puntos. Non imos especular, porque entón un rexeite ou calquera erro podería pasarnos unha un factura indesexable ou que poideramos lamentar ao longo de moito tempo. Non podemos seguir xogando co lume», subliñou.
As futbolistas que o adestrador convocou son as seguintes: as metas Pau e Andrea, Yara, Mus, Tere, Susú, Mon, Carmen, Ceci, Alitas, Pris, Evita, Andrea Carid e Eva.