Entrevista
Un home «enganchado» o fútbol e tamén ao balonmano
Juan Vicente Cameán, técnico do Aguiño
Aínda que solo conte con 27 anos, Juan Vicente Cameán Parada (Ribeira, 1981) xa é un técnico experimentado. Enganchado ao mundo do fútbol dende neno, pronto asumiu a responsabilidade de dirixir equipos de categorías inferiores. Así, antes de facerse cargo dos cadetes do Xuventude Aguiño, ao que levou ata a División de Honra, un mérito que ninguén antes conquistara na área barbanzana, Juanvi dirixira aos infantís e cadetes do Carreira, os infantís do Palmeira e ao Oleiros, dende benxamins ata xuvenís.
Coñecía o sabor do triunfo. O ano anterior, ao leme do navío cadete B levou tres trofeos para as vitrinas da entidade que preside José Manuel Vilas: gañou a liga barbanzana, a Copa do Concello de Ribeira e a Copa do Sar. Pero admite que ningún deses tres galardóns lle produciu tanta alegría e satisfacción como conducir o seu equipo á División de Honra.
Conta con todos os pronunciamentos para continuar manexando os fíos técnicos do colectivo de A Tasca para o esixente curso próximo, «no que pretendemos armar un equipo para defender a permanencia nunha categoría de moito nivel e totalmente nova para nós».
O ascenso é tamén a culminación dunha grande tarefa de base na que o club aguiñense se envorcou e na cal logrou implicar un bo número de novos e entusiastas adestradores.
Juanvi é tamén xogador do elenco sénior de A Tasca. Pero ademais da súa enorme paixón polo balompié, ten outra querencia talvez menos coñecida: a súa afección ao balonmán. El formaba parte do grupo que chegou ata a menor das divisións nacionais. E aínda este ano xogou no Grupo Deportivo Ribeira: «Para o próximo curso teño pensado deixar esta actividade
jueves, 15 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario