viernes, 6 de junio de 2008

Os alevins -Campeóns da Copa Sálvora-

fútbol sete


O Xuventú Aguiño levantou ao Copa Sálvora na categoría alevín. O colectivo de A Tasca venceu ao Noia na final por un contundente 4-1. Os aguiñenses chegaron ao último chanzo do torneo tras endosar ao Palmeira un set (6-0). O cadro noiés superou ao Atlético Oleiros (2-1). Por parte aguiñense, con Chiste como técnico, xogaron Fran, Diego, Gus,Antonio, Óscar, Marcos, Mariño, Arturo, Álex, Dani e Alberto.




Na categoría benxamín, o La Salle derrotou ao Poboa por 6-3. Os pueblistas arrastraron ao Atlético Oleiros en semis (6-1), serie na que o elenco de Santiago gañou ao Sálvora por un axustado 2-1.


Poboa, Oleiros e Sálvora dominaron os tres grupos da menor das divisións, mentres Esteirana, Palmeira e Abanqueiro o fixeron na outra.


Con respecto á categoría prebenxamín, a selección de Boiro pasou por enriba da de Santa Uxía (10-2).


Concello de Ribeira
A xornada benxamín do torneo Concello de Ribeira saldouse con estes resultados: Sálvora 4, Xuventú Aguiño A 1; Aguiño B 5, Artes 0.


Clasificación:


Sálvora 27. Aguiño A 21. Atlético Oleiros 14. Aguiño B 11. Artes B 9. Carreira 8. Artes A 3.
Alevín: Palmeira 4, Aguiño A 3; Aguiño B 8, Artes A 3; Carreira 0, Oleiros 4. Clasificación: Carreira 27. Aguiño A 25. Atlético Oleiros 21. Xuventude Aguiño B 18. Artes B 14. Artes A 11. Palmeira 9. Carreira B 1.


Durante esta fin de semana disputarase no campo de A Charca (Abanqueiro) o torneo interprovincial, no que participarán 32 conxuntos, 16 da categoría benxamín e outros tantos da alevín, que competirán divididos en catro grupos.

No hay comentarios: