«Queremos ser un referente do fútbol base para toda la comarca»
Leva toda unha vida vinculado ao Xuventú Aguiño. Seguidor do club dende neno, exerceu de xogador, adestrador e tamén colaborou nos traballos de construción do antigo campo de A Tasca: José Manuel Vilas Álvarez (Aguiño, 1960), que, ademais de ser un dos socios máis antigos, leva 18 anos como presidente da nave aguiñense, unha cifra que con toda seguridade constitúe unha marca na bisbarra da Barbanza e posiblemente fóra.
-Nas dúas últimas tempadas anunciara a súa intención en deixar o cargo, ¿este ano tamén o quere facer?
-Imos ver. Un relevo non viría mal. Pero este ano en principio non está previsto que se celebren eleccións á presidencia. Así pois, non estamos na mesma tesitura. Non obstante, a situación podería cambiar se no transcurso da asemblea de socios, alguén formula a cuestión de tomar o relevo. Entón, teriamos que abrir un proceso electoral.
-¿Pensa que existe tal posibilidade?
Non o sei. Pero de non ser así, espero que sigamos todos.
-¿Refírese a que pode marchar algún directivo?
Non o sei. Gustaríame que ninguén se fose, porque atopar un directivo é moi difícil.
-A teor dos resultados, parece que viviu a súa tempada máis exitosa, ¿como a valora vostede?
Como moi positiva, moi favorable para a entidade. Especialmente na categoría cadete, na que, aínda que non o esperabamos, logramos o ascenso á División de Honra. Isto é un mérito tremendo. Afrontaremos a próxima tempada coa máxima ilusión e o reto de manter a categoría. Con respecto aos xuvenís, a meta era alcanzar a liga galega, e estamos a un paso de logralo, aínda que temos baixas e lesións que minguan o potencial do equipo. En infantís, continuamos na competición galega.
-Hai unha mancha neste panorama tan brillante, ¿non?
Dilo polo descenso do equipo feminino, ¿non? En efecto. Pero isto víase vir. Dende que nos marcharon tres xogadoras para o Zaragoza, nunca máis volvemos atopar o equilibrio. Levabamos tres anos ao bordo do descenso.
-¿Terán o curso próximo máis apertos presupostarios?
Se seguimos contando co patrocinio da empresa Conresa como tivemos ata agora, creo que non teremos ningún problema. Ademais, os desprazamentos da División de Honra cadete non son máis longos que os da galega. E gastaremos menos co equipo feminino, o futuro da cal teremos que analizar e decidir.
-Entre os temas que lle preocupan, ¿cal poría en primeiro lugar?
Os gastos arbitrais. Nós quixésemos que se unificase o recibo ou cota. Por exemplo, cando o equipo feminino viaxaba a Ávila, o recibo era de 35 euros. En cambio, aquí, a nós saíanos por 156. É unha diferenza abismal. Isto mesmo pasa coas demais categorías.
-¿o seu proxecto xa está cumprido ou aínda lle falta algo?
Case. Fáltanos o ascenso dos xuvenís. Nós queremos ser un referente do fútbol base para toda a bisbarra. Neste sentido, estamos abertos a todos os rapaces e, aínda que sempre hai reticencias, tamén a todos os clubs. Ao respecto disto, quero, dende aquí, dar as grazas a todos os adestradores que traballan baixo a coordinación de Anxo Vidal.
-Parece que ten algunha novidade sobre o campo, ¿non é así?
Así é. O alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, acábamo de anunciar. A Deputación financiará o cambio de céspede, que se substituirá por outro de última xeración durante o verán
No hay comentarios:
Publicar un comentario