miércoles, 4 de junio de 2008

Ascenso dos Xuvenís a Liga Galega

Os de A Tasca confirmaron o ascenso tras empatar no campo do Eirís (1-1)


Tras conseguir un empate no segundo asalto da rolda de oitavos que disputou contra o Eirís no campo Leyma (1-1), o Xuventú Aguiño, que gañara en A Tasca (1-0), confirmou o ascenso á liga galega de fútbol xuvenil, categoría na que acompañará a próxima tempada ao Boiro.



Xuventude Aguiño:

David; Torres, José Ángel Parada (Joni, min 65), Miguel, Toño (Adrián Araújo, min 84), Diego, Micha, Axel (José Ángel, min 75), Aarón (Fernando, min 47), Adrián e Pozas.

Uns vinte afeccionados viaxaron co colectivo aguiñense ata o campo coruñés de Leyma. E, aínda que ao final estalaron de alegría, pasárono bastante mal durante o partido. O primeiro susto levárono aos cinco minutos, cando os anfitrions transformaron o penalti co árbitro penalizou os visitantes. Dende aí ata cumprirse a media hora, xusto cando Aarón aproveitou un pase de Adrián para, dende o vértice da área, mandar o balón á escuadra contraria, houbo igualdade e oportunidades para ambos os dous conxuntos.

Mudou o rumbo do encontro tras o intermedio. O conxunto barbanzano optou por defender con uñas e dentes o resultado. Os anfitrions lanzáronse entón ao ataque. E fabricaron dúas boas ocasións para marcar, pero faltoulles acerto na definición. En cambio, os barbanzanos non tiveron chegada.

Outros resultados
Ademais dos aguiñenses, tamén colleron o tren do ascenso o Galicia Caranza, que superou ao Brexo Lema (4-1 e 1-1); o Lugo B, que se impuxo ao Atlético Melide (1-0 e 5-0), e o Monterroso, que gañou ao Calo (2-0 e 1-0).

Ao contrario que en tempadas anteriores, este curso a Federación Galega decidiu que os equipos clasificados non sigan competindo para dilucidar o título da comunidade.

O ascenso dos xuvenís completa unha tempada redonda para a entidade que preside José Manuel Vilas Álvarez, que, xa con anterioridade, conseguira o ascenso á División de Honra co conxunto cadete.

Así pois, a bisbarra contará a próxima tempada con dous representantes no grupo norte da galega xuvenil, categoría na que o Boiro conseguiu a permanencia con notable soltura, malia que tivo unha actuación bastante irregular nalgunhas fases do curso.

No hay comentarios: