miércoles, 4 de junio de 2008

Entrevista a Leandro (Entrenador dos Xuvenís)

Entrevista



Leandro blanco Ruiz - Adestrador dos Xuvenís

Tras permanecer ata 1998 como xogador do Xuventú Aguiño, ao que estivo unida toda a súa vida futbolística, salvo unha tempada no Atlético Oleiros, Leandro Blanco Ruiz (Aguiño, 1979) leva xa oito campañas exercendo de técnico de A Tasca. E o domingo colgouse o segundo ascenso da súa traxectoria. Se antes fora co elenco sénior (2003/04), agora é co conxunto xuvenil, categoría á que leva unido dende fai varios cursos, salvo ao inicio do anterior, no que volveu para substituír a Julio.

-O ascenso á liga galega xuvenil era o reto que se propuxera ao comezo da tempada, ¿non é así?

Efectivamente. Esa era a meta que nos propuxeramos. Ademais, de paso, fixémonos co título da liga zonal, o primeiro na historia do club, aínda que non era un paso obrigado para participar na fase de ascenso.

-¿Vai vostede a continuar á fronte do equipo?

Aínda non o sei. Teño que pensalo. Gustaríame seguir, pero vou ter problemas de tempo polo meu traballo. A liga galega esixe máis dedicación e un maior emprego de tempo porque os desprazamentos son bastante máis longos. Todo está por decidir.

-¿Como quedará o equipo para afrontar a nova categoría?

Só pasarán de idade Suso, José Ángel e Axel. Os demais continuarán todos. E a eles uniranse a maioría dos xogadores do equipo cadete. Así a situación, penso que contaremos cun equipo competitivo para manter a categoría sen problemas».

2 comentarios:

GUINALDO dijo...

LEOOOOOOOOOOOOO
LEOOOOOOOOOOOOO
LEOOOOOOOOOOOOO


no te vayas no nos dejes solos mi ke sino voi tener ke entrenar demasiado buffff i sabes ke yo rindo mas sin entrenar benga mister medita aora ke eres un gran empresario podras esplotar a alguien para ke aga tu trabajo yo conozco algun ke otro morenito dle ekipo ke podria............. jajajajja benga cuidate

Vilas Xunho dijo...

Viva LEO e viva o Aguinho(perdon polo nh e ke aki non ai enhe).Leo non te vaias polo menos espera a ke eu xeje non me fajas estoooo!!!
Bueno saludos para todos e a koidarse.