A Copa Concello de Riveira viviu o pasado domingo dúas finais nas competicións de fútbol base. Na categoría de xuvenís, o Xuventú Aguiño A impúxose ao Atlético Oleiros (2-1), nun partido no que Álvaro adiantou aos de A Trinidade, dende o punto de penalti. Adrián e Cras asinaron a remontada aguiñense.
Os xogadores de ambos os dous clubs tamén disputaron o encontro decisivo de cadetes. Neste apartado, o dominio dos de A Tasca foi incontestable. Impuxéronse por un rotundo 3-0, con tantos que materializaron Pulgui, Martís e Mario. Malia o mal tempo, unhas 150 persoas citáronse en A Fieiteira.
jueves, 19 de junio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario