viernes, 20 de junio de 2008

Os Infantiles do Xuventú Aguiño gañan a Copa do Concello


O sábado 7 de xuño disputouse a final da Copa Concello de Ribeira de categoría Infantil no campo de Fútbol da Fieiteira, de céspede artificial, entre os equipos S.D. Xuventú Aguiño A e o Atlético Oleiros.
O Aguiño acadou o titulo gañando por un resultado de 6-0, con goles de Chopi (2), Gabri, Jesús, Dani e Angel.
Xuventu Aguiño A: Moreno, Borja, David, Agus, Alexis, Jesús, Chopi, Angel, Gabri, Dani e Alex.
(Non puderon xogar a final Andrés, Andorra e Miguel por enfermidade e Santi por asuntos familiares)

No hay comentarios: