miércoles, 21 de mayo de 2008

A liga galega xuvenil máis preto

Os de Leandro xogarán contra o Eirís de A Coruña o ascenso directo

Ten o Xuventú Aguiño a liga galega xuvenil máis preto. O equipo de Leandro clasificouse para a segunda rolda da promoción tras derrotar por un rotundo 3-0 ao Esteirana no segundo asalto da primeira (1-1, ida).

Esteirana: Ramón; Fran, Carlos, Roi (Óscar, min 65), Simón, Jano, Suízo, Uro (Andel, min 50), Pesco, Álex (Vidal, min 85) e Alberto.
Xuventú Aguiño: David (Juan, min 90); Torres (Joni, min 54), José Ángel Parada, Toño (José Ángel, min 65), Jorge, Micha, Diego, Pozas (Mini, min 80), Fernando (Aarón, min 59), Axel e Adrián.
Goles: 0-1, min 44: Adrián, tras rexeitar o meta Ramón unha falta lateral que botou Diego; 0-2, min 60: Diego, de remate raso moi afastado; 0-3, min 65: Aarón, tras un pase en profundidade e cruzar o balón ao outro lado do cancerbero local.
Incidencias: Partido de volta da primeira eliminatoria da fase de ascenso á liga galega xuvenil. Celebrouse no campo de A Salina, con boa entrada de afeccionados.

Aínda que no arranque do choque o Esteirana tivo o mando e gozou de tres boas oportunidades para abrir o marcador (especialmente un lanzamento que bateu nun poste), despois, e sobre todo ao regresar do recreo, o Xuventú Aguiño impuxo a súa maior calidade, o cal se traduciu no marcador cun claro 0-3. No tramo final do encontro, o cadro aguiñense defendeu con acerto a súa vantaxe malia que sufriu dúas expulsións: Jorge (min 70) e Adrián (min 85), ambos os dous por dobre amoestación.

O sábado, o elenco de Leandro recibirá a visita do Eirís. O conxunto de A Coruña vén de apear do torneo ao Nicrariense (2-1 e 2-2). O primeiro asalto da serie, da que o gañador dará o salto á categoría superior, celebrarase no campo de A Tasca, a partir das 18.00.

Outros resultados
Os outros resultados da primeira rolda foron estes: (4-0) Galicia Caranza-Laracha, 2-0; (1-3) Pol-Brexo Lema, 2-2; (6-1) Atlético Melide-Baio, 5-1; (1-0) Lugo B-Orillamar, 4-0; (0-3) Narón-Calo, 2-0; (2-2) Monterroso-San Marcos, 4-0.

Os emparellamentos de oitavos son: Galicia Caranza-Brexo Lema, Atlético Melide-Lugo B, Calo-Monterroso e Xuventú Aguiño-Eirís.

Como xa é coñecido, os gañadores subirán directamente e os perdedores loitarán entre eles polas outras dúas prazas habilitadas

No hay comentarios: