martes, 13 de mayo de 2008

O Xuventú Aguiño xogase en campo do Val do Ulla a súa continuidade na Liga Nacional femenina

O Xuventú Aguiño xogase en campo do Val do Ulla a súa continuidade na Liga Nacional feminina

A Liga Nacional de fútbol feminino bota o peche. Á última xornada chega o Xuventú Aguiño sen amarrar a permanencia. O elenco de Andrés Monteagudo xoga hoxe (12.00 horas) a súa continuidade na competición no feudo dun Val do Ulla que tamén se atopa na mesma tesitura. As ribeirenses contabilizan un punto máis que os seus opoñentes (19-18).
Aínda que sabe que un empate, como na primeira volta (2-2), sería suficiente para eludir o descenso, o adestrador das aguiñenses destacou que sairán a gañar: «Queremos os tres puntos. Non imos especular, porque entón un rexeite ou calquera erro podería pasarnos unha un factura indesexable ou que poideramos lamentar ao longo de moito tempo. Non podemos seguir xogando co lume», subliñou.
As futbolistas que o adestrador convocou son as seguintes: as metas Pau e Andrea, Yara, Mus, Tere, Susú, Mon, Carmen, Ceci, Alitas, Pris, Evita, Andrea Carid e Eva.

No hay comentarios: