
Barbanza contará a próxima campaña cun representante na División de Honra da categoría cadete: o Xuventú Aguiño. O colectivo de A Tasca marcou un fito histórico no ámbito do balompé barbanzano, onde ata agora ninguén conseguira unha xesta semellante.
O equipo que dirixiu este curso Juan Vicente Cameán logrou o salto á categoría galega da man de Anxo Vidal, quen tamén estivera á fronte do mesmo grupo na competición infantil.
Durante todo o campionato o colectivo de Juanvi estivo na pelexa dos que aspiraban a acomodarse no vagón que marchaba detrás do máximo aspirante ao título: o Deportivo B.
Finalmente, na última xornada, cando endosou ao Cidade de Santiago un contundente 6-1 confirmou o seu ansiado ascenso.
Os xogadores que dunha ou outra forman protagonizaron a fazaña foron: os metas: Juan e Chile, os defensas Manu, Martin, Miguel, Mario, Iago, Luis e Diego; os medios Roberto, José Ángel, Martís, Cascallar, Pulgui, Dani e Andrea Carid, e os dianteiros Piru, Jorge, Luis, Teken, Saviola e Dani.
Denis Cascallar foi o máximo realizador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario